Falece aos 87 anos Luís Caruncho

O pioneiro da abstracción estaba instalado en Madrid

Retrato de Luís Caruncho no web do pintor
Retrato de Luís Caruncho no web do pintor
Foi un dos pioneiros na introdución da arte abstracta en España durante os anos 50. Vencellado ao movemento construtivista durante toda a súa carreira e activo ata os seus últimos anos, Luís Caruncho falecía o pasado venres en Madrid, onde residía desde 1940. Para alén de pintura, practicou gravado, escultura, escenografía e mesmo crítica artística, nunha intensa carreira que lle valeu recoñecementos como a Medalla Castelao en 1997, o Premio de Cultura da Comunidade de Madrid ou o nomeamento como Académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.
Nado na Coruña, o pintor tiña 87 anos e estreara a súa última exposición este mesmo verán. Tratábase dunha retrospectiva sobre os comezos da abstracción en Galicia que se celebrou Casa da Parra, en Santiago de Compostela. Logo da incineración do corpo, as súas cinzas trasladaranse á Cidade Herculina.