Unha exposición analiza os comezos do movemento abstracto en Galicia

A Casa da Parra amosa traballos de Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho ata o 18 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha exposición analiza os comezos do movemento abstracto en Galicia

Cara a 1950 comezou unha importante renovación da pintura en Galicia. Creadores como Molezún, Mampaso, Labra e Caruncho introducían na nosa arte a abstracción. Agora, a Casa da Parra de Compostela reúne obras destes catro nomes na exposición Impulsores do movemento abstracto 1950-1970, que se pode ver ata o vindeiro 18 de setembro. Segundo explica a presentación da mostra, "estes precursores de novas formas de expresión, que teñen como principal motivo a elaboración dunha pintura sen obxectos, constrúen unha obra de carácter vangardista de grande interese nun contexto marcado pola asimilación das novas tendencias informalistas". Os catro autores que se presentan teñen como elementos comúns, para alén de ser todos eles da Coruña e nados en anos próximos, o se asentar con posterioridade en Madrid. A presentación da mostra destaca tamén "o seu alto nivel formativo, o seu espírito cosmopolita" e o feito de seren "precursores de novas formas de expresión a mediados do pasado século".

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Santiago de Compostela