Retrato do arquitecto total

A Fundación Seoane acolle unha exposición sobre o arquitecto Ramón Vázquez Molezún

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:
Foto: Fundación Seoane

Foto: Fundación Seoane

A Fundación Luís Seoane da Coruña acolle a mostra Ramón Vázquez Molezún. Paisajes, a continuación dunha exposición previa celebrada en outubro pasado sobre unha das súas obras máis emblemáticas, a casa de verán A Roiba. Agora, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid e a Fundación Arquitectura COAM, a nova mostra amosa a ampla traxectoria do afamado arquitecto. A mostra vai máis alá da arquitectura e presta atención a outras disciplinas artísticas achegadas por Molezún, como o deseño, o gravado, a pintura ou a fotografía. A selección documental está estrutura a partir de cino capítulos "nos que se mesturan o persoal, o artístico e o arquitectónico", e que dan conta das numerosas influencias de Vázquez Molezún ao longo do seu itinerario creativo. A exposición pódese visitar ata o 28 de febreiro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Vázquez Molezún, Arquitectura, Fundación Seoane, Luís Seoane...