Abre en Madrid a exposición retrospectiva sobre Antonio Palacios

A capital española inicia os actos do ano dedicado ao arquitecto porriñés

| Santiago. Redacción | Seccións: ArquitecturaExposicións
Compartir:
Abre en Madrid a exposición retrospectiva sobre Antonio Palacios

Ata o vindeiro 12 de xaneiro a sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid acolle a exposición Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo. Este proxecto, que abría as súas portas este 29 de setembro, inicia as conmemoración do Ano Palacios, que o COAM organiza en colaboración coa alcaldía madrileña e coa Fundación Arquitectura COAM para conmemorar os 150 anos do nacemento do homenaxeado.

A exposición, comisariada por José Luis Varela Alén e Ricardo Sánchez Lampreave, recolle as obras e proxectos que Palacios realizou fóra da capital española, na súa maior parte en Galicia. Deste xeito, na mostra pode verse a maqueta sobre plan de urbanismo que o homenaxeado propuxo para Vigo, que foi cedida pola Xunta de Galicia para esta iniciativa. Ademais de visitas guiadas, a exposición acompañarase ao longo do outono de tres mesas redondas e da edición dun catálogo específico.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Palacios, Madrid, Arquitectura, Xunta de Galicia...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares