Xa está en liña o Atlas Palacios

A web dedicada ao arquitecto porriñés reúne diversos materiais documentais e divulgativos

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaPatrimonio
Compartir:
Xa está en liña o Atlas Palacios

Aínda que levaba tempo anunciada, desde o pasado ano, aínda non estaba dispoñible a páxina web que reúne documentación sobre a vida e as obras do arquitecto Antonio Palacios. Este proxecto do Circulo de Bellas Artes de Madrid co apoio do Concello do Porriño xa está agora en liña. Atlaspalacios.com é o nome do proxecto multimedia de estudo e difusión da obra deAntonio Palacios e está comisariado por José Manuel Mouriño.

Materiais do caderno de campo, localizacións das súas obras, tanto en Galicia como en Madrid, material didáctico e outros elementos, entre eles un futuro filme, conforman os contidos desta moi completa web que xa se pode consultar.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Palacios, Documentais, Madrid, Concello do Porriño

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares