O escritor, historiador e mestre Xosé Ramón Iglesias Veiga (Sanguiñeda, Mos, 1957 - Vigo, 2020) recibirá a tÃtulo póstumo o Premio Antonio Palacios de Honra que ven de crear o Concello de Porriño no marco das celebracións do 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios. O anuncio fÃxose onte durante a presentación do programa co que se celebrará a efeméride e a creación dos Premios Antonio Palacios que inclúen catro categorÃas ademais da de Honra, asà como da páxina web sobre o arquitecto e a súa obra, que tamén será o punto de información de todas as actuacións conmemorativas. O vindeiro dÃa 15 de xuño coincidindo co dÃa en que se inaugurou a Casa do Concello, obra do arquitecto, terán lugar as principais accións conmemorativas na casa consistorial do Concello do Porriño onde tamén se coñecerán os destinatarios do resto dos Premios Antonio Palacios nesta edición inaugural.
Ademais do Premio Antonio Palacios de Honor en recoñecemento a toda unha vida, catro serán os galardóns que se concedan cada ano co nome do arquitecto porriñés cubrindo outras tantas áreas de desempeño: Cultura, Empresa, Deporte e Social. O Premio Antonio Palacios á Cultura recoñecerá a aqueles que coa súa creatividade e paixón, manteñen vivas as nosas tradicións e fomentan a innovación artÃstica. O Premio Antonio Palacios á Empresa destacará a emprendedores e entidades que non só acadaron o éxito comercial, senón que tamén demostraron un compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sustentable. O Premio Antonio Palacios ao Deporte recoñecerá a atletas, equipos e organización deportivas que demostraron excelencia na súa disciplina e promoveron valores como o traballo en equipo, a perseveranza e o xogo limpo. Pola súa banda, o Premio Antonio Palacios ao Social salientará a quen fixeron contribucións significativas ao benestar da comunidade, exemplos de compromiso cÃvico que pode xerar cambios positivos. Os catro serán coñecidos o vindeiro dÃa 15 de xuño. Xa foi dado a coñecer o merecedor do Premio de Honor, Xosé Ramón Iglesias Veiga, que recibirá a tÃtulo póstumo esta honra. Doutor en Historia da Arte, escritor e investigador sobre o patrimonio arquitectónico da rexión en xeral e da obra de Palacios en particular, Iglesias Veiga foi profesor de secundaria durante corenta anos e membro do Instituto de Estudios Vigueses.
Recurso web sobre Antonio Palacios
Na presentación oficial dos galardóns asà como da programación de actos conmemorativos tamén se deu a coñecer a páxina web creada por concello do Porriño sobre o arquitecto e a súa obra. Este recurso en liña ofrece multitude de información detallada sobre o arquitecto, as súas obras máis coñecidas, a súa pegada en Porriño e tamén sirve de punto de información sobre a axenda conmemorativa. Ademais diso, a web achega importantes recursos que documentan a paixón polo debuxo do arquitecto, con fotografÃas e imaxes das súas obras. Un importante apartado desta web reúne a dixitalización de ata dez cadernos de Palacios, nos que por vez primeira pódense ver os seus debuxos, bosquexos e anotacións sobre multitude de lugares, obras e bens patrimoniais cos que o arquitecto tomaba notas e medidas sobre as súas caracterÃsticas.