O Porriño ven de recuperar na súa plenitude o templete construído polo arquitecto Antonio Palacios para primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou ao Campo da Feira deste concello pontevedrés no ano 1970. O templete foi construído en 1919 por Palacios para acceder á estación de Metro na Gran Vía en Madrid. Está incluído no proxecto que lle encargou en 1917 a Compañía Metropolitana e que comprendía o deseño e a decoración de todos os espazos interiores e exteriores da liña Sol-Ventas. A Xunta de Galicia acabou os traballos de restauración do ben patrimonial situado na entrada do Camiño Portugués ao seu paso por O Porriño, tras un investimento de máis de 260.000 euros para recuperar a obra do arquitecto porriñés e presentouno coincidindo co aniversario do nacemento do urbanista en 1874. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enmarcou esta intervención dentro das accións que se están a levar a cabo na preservación de obras do prestixioso arquitecto. En concreto, referiuse ao templo Votivo do Mar en Panxón, no concello pontevedrés de Nigrán, ao que se destinan 350.000 para reparar os danos causados polo paso do tempo e que está previsto rematar no primeiro semestre deste ano.
Así mesmo, o conselleiro explicou que as obras buscaron acadar un espazo axeitado co obxecto de "mellorar a súa presenza no lugar e pór en valor a peza, ao tempo que se lle devolve o seu carácter arquitectónico". Ademais, precisou que se repararon os danos nos elementos construtivos cunha cuberta e cun chan que facilite a súa conservación. O proxecto completouse cunha cuberta para protexer ao edificio das inclemencias metereolóxicas e dar acubillo a posibles actividades, coa instalación dun elemento de vidro semellante ao cartel orixinal da parada do Metro e a incorporación cun novo sistema de iluminación de presenza e ornamental. Por último, co fin de axudar a entender á veciñanza e visitantes o que foi esta edificación, reflectiuse no despece do pavimento e marcouse a proxección da antiga marquesiña cun cambio de textura. Coincidindo a visita a este ben coa data exacta de aniversario do nacemento de Antonio Palacios, o conselleiro asistiu á presentación especial da programación conmemorativa por parte do Concello do Porriño, que inclúe unha tiraxe especial de Lotería Nacional coa imaxe da Casa Consistorial, que tamén é unha obra emblemática deste afamado arquitecto.