O pasado ano fixéronse 75 anos do pasamento do arquitecto Antonio Palacios (Porriño, 1874-1945) pero será neste 2021 cando se poña o foco na súa figura e obra desde o Goberno galego. O primeiro acto de recuperación da súa memoria tivo lugar coa presentación do libro Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia publicado pola Xunta de Galicia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou este volume deseñado por Uqui Permui no que se recolle o traballo de oito investigadores sobre a figura de Palacios e os proxectos executados ou preparados na súa terra deste arquitecto cuxa intervención en Madrid forma parte da propia imaxe da capital española. Segundo avanzou o titular autonómico de Cultura o Museo do Mar de Galicia acollerá a partir do mes de setembro unha gran mostra sobre o legado e traxectoria do arquitecto porriñés.
Concretamente, os colaboradores da publicación son os historiadores José Ramón Iglesias Veiga, especialista en Antonio Palacios, e Alfredo Vigo Trasancos; os profesores universitarios , Antonio Perla de las Parras, Yolanda Pérez Sánchez, Jesús Ángel Sánchez García e Santiago Rodríguez-Caramés; o arquitecto Álvaro Bonet López e o axente inmobiliario en Madrid Jacobo Armero Chauton. A visión ofrecida no libro complétase con esa exposición do Museo do Mar de Galicia, unha mostra comisariada por Jesús Ángel Sánchez García que percorrerá a obra de Palacios incidindo na súa faceta como arquitecto moderno e implicado na mellora da vida diaria da xente con proxectos como vivendas de aluguer, estacións de metro, hospitais, oficinas, comercios, bancos, sociedades de recreo, hoteis, balnearios ou restaurantes. Así mesmo, o proxecto expositivo tamén se centra na importancia de Palacios na paisaxe urbana de Galicia, especialmente na cidade de Vigo, onde seu legado está moi presente tanto no desenvolvemento urbanístico como nalgúns dos edificios máis emblemáticos e icónicos da cidade como son o Teatro García Barbón, a Fonte do Cristo ou o edificio Blanca Viñas-Aranda.