Falece o pintor Felipe Criado aos 85 anos

O funeral celebrarase mañá na Coruña

25/11/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Retrado de Felipe Criado. Fonte: Web do artista.

Na madrugada do pasado venres 23 falecía na súa casa de Mera o pintor Felipe Criado. Con 85 anos de idade, e aínda que nado en Xixón, o artista desenvolveu toda a súa carreira en Galicia, e chegou a ser membro da Real Academia Galega de Belas Artes. O funeral na súa honra celebrarase mañá, martes, ás 20:15 horas na igrexa dos xesuítas da rúa Juana de Vega, na Coruña. O pintor recibira unha homenaxe no Museo de Belas Artes desta cidade o pasado mes de maio.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Felipe Criado, A Coruña, Belas Artes, Juana de Vega...