Falece Carmela Arias e Díaz de Rábago, Condesa de Fenosa

A presidenta da Fundación Barrié tiña 89 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Carmela Arias y Díaz de Rábago na sede do Banco Pastor. Madrid Foto: Arnold Newman, 1998.

Carmela Arias y Díaz de Rábago na sede do Banco Pastor. Madrid Foto: Arnold Newman, 1998.

Carmela Arias e Díaz de Rábago, condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Barrié, falecía esta mañá no seu domicilio da Coruña aos 89 anos de idade. Viúva de Pedro Barrié de la Maza, era presidente honorífica do Banco Pastor e polo seu traballo de mecenado cultural fora nomeada membro de honra da Academia Galega de Belas Artes e recibira a Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando entre outras distincións. O enterro desenvolverase na intimidade familiar, e o vindeiro xoves, día 29, celebrarase unha misa funeral na memoria da finada na Igrexa de San Xurxo da Coruña, ás 20 horas.

Entre as reaccións que provocou o deceso, o presidente do Consello da Cultura Galega, incidiu no "decidido apoio de dona Carmela Arias y Díaz de Rábago a numerosas e importantes iniciativas e proxectos culturais e educativos a prol de Galicia" e lembrou a pertenza da Fundación Barrié ao Plenario do Consello da Cultura Galega desde a súa fundación en 1983.

O vicepresidente da Fundación Barrié, José María Arias, sinalou que con este falecemento "a Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Banco Pastor perden o seu patrimonio máis valioso", e lembrou que "D. Pedro Barrié, ao crear a Fundación, amosou qué facer. Carmela Arias díxonos como facelo".

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Fenosa, Belas Artes, Ouro...