Fundacións de toda a Península reúnense na Coruña nun encontro sobre mecenado

Fundacións asociadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As mudanzas na lexislación sobre mecenado e no réxime fiscal das entidades sen ánimo de lucro son os principais puntos de análise do encontro que a Asociación Española de Fundacións (AEF) e a Fundación Barrié abren hoxe na Coruña. Nesta xornada, que reúne entidades deste tipo de Galicia, España e Portugal, abordarase a creación dunha comisión de fundacións luso españolas e aprobarase o plan estratéxico da AEF para os vindeiros anos. O evento pecharase coa entrega da medalla de honra da AEF a Carmela Arias y Díaz de Rábago, presidenta da Fundación Barrié.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Fundación Barrié, La Voz de Galicia, Portugal