Joaquín Arias y Díaz de Rábago, vicepresidente da Fundación Barrié e membro do CCG faleceu esta madrugada

Falece Arias y Díaz de Rábago

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O vicepresidente da Fundación Barrié e membro do plenario do Consello da Cultura Galega Joaquín Arias y Díaz de Rábago falecía esta madrugada no seu domicilio da Coruña. Díaz de Rábago, de noventa e un anos, desenvolveu un importante labor na Fundación Barrié e participaba ademais de entidades coma a Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, a Fundación Juana de Vega ou o Museo de Pontevedra. O funeral está previsto que se celebre mañá, día trinta, na igrexa de Santa Lucía da Coruña ás seis da tarde.

Consulta a traxectoria profesional de Díaz de Rábago no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Juana de Vega, Plenario, Fundación Juana de Vega...