Falece Antonio Bonet Correa

O coruñés era considerado unha das principais figuras da historia da arte a nivel estatal

25/5/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Antonio Bonet Correa. Fotografía da Academia Galega de Belas Artes.

Considerado unha das principais figuras do seu campo a nivel estatal, o historiador da arte Antonio Bonet Correa falecía este 22 de maio en Madrid. Bonet, nado da Coruña en 1925, chegou a presidir a prestixiosa Real Academia de Belas Artes de San Fernando e o seu museo, obtivo o Premio Nacional Menéndez Pelayo e foi catedrático de Historia da Arte na Universidade de Murcia, na de Sevilla e na Complutense de Madrid. Ademais, foi presidente da Asociación de Críticos de Arte de España e da Feira de Arte Contemporánea de Madrid (ARCO). No noso país, foi nomeado membro correspondente e de honra da Academia Galega de Belas Artes e doutor honoris causa pola Universidade de Santiago, ademais de presidir durante anos os xurados da Bienal de Arte Unión Fenosa.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Historia da Arte, Belas Artes, Feira...