Yzquierdo Perrín e a arte medieval galega: dez textos para ler

Repasamos a traxectoria intelectual do catedrático de Arte finado onte en Compostela

Ramón Yzquierdo Perrín / CCG
Ramón Yzquierdo Perrín / CCG
O historiador da arte Ramón Yzquierdo Perrín faleceu este xoves 2 de outubro en Santiago de Compostela. Yzquierdo foi catedrático de Arte na Universidade da Coruña e profesor na Universidade de Santiago. Este venres ás 12 da mañá celebrarase unha misa no Complexo Santiago Apóstolo seguida da súa sepultura no cemiterio compostelán de Boisaca. Ademais da súa tarefa profesional, Yzquierdo participou da vida cultural e académica a través da súa participación en numerosas institucións, como membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, académico da Real Academia Galega de Belas Artes ou membro do consello da Catedral de Santiago. Yzquierdo-Perrín foi un destacado especialista na arte medieval galega, investigando ao redor dalgúns dos grandes temas da arte medieval galega e participando en proxectos de investigación e difusión ao redor da reconstrución do coro do Mestre Mateo da catedral de Santiago ou comisariando exposicións ao redor da historia da arte galega.
Ofrecemos unha escolma de artigos de Ramón Yzquierdo Perrín dispoñibles na rede que ilustran diferentes aspectos do trabalo do historiador.


TRALA PEGADA DO MESTRE MATEO
A gran especializade de Yzquierdo Perrín e o ámbito que o convertiu nunha destacada referencia para comprender a catedral de Santiago foron os seus estudos sobre o Pórtico da Gloria e o traballo do Mestre Mateo. Foi autor de numerosos textos en catálogos e publicacións internacionais ao respecto e participou das comisións encargadas da súa restauración e posta en valor.

"Maestro Mateo y el arte de Galicia"
Real Academia Galega de Belas Artes, 2015
Descargar
"El Maestro Mateo y la terminación de la catedral románica de Santiago"

"El maestro mateo y la terminación de la catedral románica de Santiago"
Los caminos de Santiago. Arte, Historia y Literatura. 2005, pp. 253-284
Institución Fernando el Católico (CSIC). Diputación de Zaragoza
Descargar

AS IMAXES DO ROMÁNICO
Un ámbito frecuente dos historiadores da arte medieval é estudar as imaxes e as iconografías empregadas na arte para transmitir as mensaxes relixiosas e políticas dos promotores desas obras. Yzquierdo dedicou importantes traballos a coñecer ás figuras, ás veces enigmáticas ou difíciles de descifrar, que figuran nos tímpanos e nos capiteis das igrexas galegas.

"Iconografía del banquete: su presencia en la arquitectura de Galicia
del último tercio del siglo XI a 1300""

Anuario Brigantino, número 43, 2020
Descargar

"Escenas de juglaría en el románico de Galicia"
O Camiño inglés e as rutas atlánticas de peregrinación a Compostela. II Aulas no Camiño (1997. Ferrol), José Leira López-Vizoso (coord.). A Coruña: Universidade. Servizo de publicacións, 1997, p. 67-102.
Descargar

"Monumentos funerarios exentos en la Galicia medieval
Rudesindus: miscelánea de arte e cultura, número 11, 2018
Descargar

A DIFUSIÓN DO ROMÁNICO
Yzquierdo Perrín foi unha referencia para coñecer a difusión da arte románica a través de toda Galicia, e para comprender o traballo dos obradoiros itinerantes que foron precisos para encher Galicia enteira de numerosas xoias rurais da arte románica.

"Diego Gelmírez y los inicios del Románico en Galicia"

O século de xelmírez. Consello da Cultura Galega.
Descargar

"Talleres de Tui, Braga y Zamora en la arquitectura románica del norte de Portugal y Galicia"
Anuario brigantino N. 39, 2016
Descargar

"Las catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media"
El legado cultural de la iglesia mindoniense: Ferrol, 16, 17, 18 de setembro, 1999. I Congreso do Patrimonio da Diócese de Mondoñedo
Descargar

A OLLADA A OUTRAS ÉPOCAS
Yzquierdo tamén atendeu a outras épocas da arte galega, explorando o renacemento ou a arquitectura e os arquitectos do século XVIII e neoclásicos.

"El mecenazgo de Don Juan de Sanclemente. Un cordobés arzobispo de Santiago“
UcoArte. Revista de Teoría e Historia del Arte número 2, 2014
Descargar

“Arquitectura neoclásica en la catedral de Lugo"
Experiencia y presencia neoclásicas. I Congreso nacional de historia de la arquitectura y del arte (A Coruña, 1991), Xosé Fernández Fernández (ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. Servizo de publicacións, 1994, p. 109-125.
Descargar