Quiosco: Compostellanum 67 (3-4)

A revista inclúe un amplo artigo sobre o coro do Mestre Mateo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Quiosco: Compostellanum 67 (3-4)

A revista Compostellanum, editada pola Sección de Estudos Xacobeos da Arquidiócese de Santiago de Compostela, acaba de publicar os números 3-4 do volume 67, correspondentes a xullo-decembro de 2022. Entre os artigos publicados, destaca a análise realizada por Ramón Yzquierdo Perrín do Coro do Mestre Mateo na catedral de Santiago, do que hoxe só se conservan fragmentos, e co cal o xenial construtor daba por rematado o templo románico. O artigo estuda tamén os procesos de reconstrución posterior. Tamén Ismael Arevalillo presta atención ao convento agustino de Sarria, fundado no século XIII, e Juan Félix Neira Pérez estuda as alteracións da notable igrexa románica de Mens no século XIX, entre outros artigos.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Yzquierdo, Catedral, Sarria, Catedral de Santiago...