Quiosco: Compostellanum

Publica unha descrición inédita do mosteiro de San Martiño Pinario

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A revista de estudos xacobeos Compostellanum deu ao prelo os números 3 e 4 (nunha única publicación) do volume 45. Na nova publicación, entre outros artigos, destácanse a publicación dunha descrición inédita do século XVIII do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario, a cargo de Ernesto Zaragoza, un estudo sobre os canzorros da igrexa de Santa María de Dexo (Oleiros), realizada por Xesús Andrés López Calvo, a identificación de Rodeiro como autor de dúas tallas de Buño e Ponteceso ou un artigo de Rodrigo Pousa sobre a construción de señoríos laicos a costa dos arcebispos de Santiago nos séculos XV e XVI. Compostellanum está editada polo Instituto Teolóxico Compostelán.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, San Martiño Pinario, Ponteceso, Zaragoza...