A Asociación do Traxe Galego realiza a súa primeira exposición histórica

O colectivo compostelán amosa un cento de pezas no mosteiro de San Martiño Pinario

12/6/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

Un cento de pezas combinadas nun total de 26 traxes tradicionais compoñen a primeira exposición de carácter histórico que organiza a Asociación do Traxe Galego. O colectivo compostelán celebra as súas tres décadas de vida con esta proposta que se pode contemplar na Hospedería de San Martiño Pinario ata o final de xuño.

O proxecto reúne traxes datados entre 1820 e 1900, cunha maioría de conxuntos orixinais e só dúas réplicas. Xoias, curiosidades como un traxe infantil propiedade de Gerardo Fernández Albor e exemplos das indumentarias propias de distintas provincias atópanse neste proxecto que permite comprobar a evolución do traxe tradicional no noso país.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, San Martiño Pinario

Claves

Conceptos