A maior parte dos grandes mosteiros galegos, xa declarados Ben de Interese Cultural, son enormes arquitecturas que pasaron por procesos de ruÃna. Tralas desamortizacións de principios do século XIX, perderon a maior parte dos seus tesouros, como bibliotecas ou obxectos de todo tipo. Só sobreviviron aquelas pezas conservadas nas igrexas, que moitas veces continuaron funcionando como templos parroquiais. Non foi o caso do mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. O enorme mosteiro compostelano vén de ser incoado como Ben de Interese Cultural pola ConsellerÃa de Cultura. Xunto co edificio e o seu perÃmetro, o procedemento inclúe case 200 bens mobles que pasan a formar parte indisoluble do ben.
Un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela e consensuado coa Igrexa, propietaria do enorme edificio de San Martiño Pinario, ao carón da catedral de Santiago, permite observar unha relación de 192 bens mobles que pasarán a formar parte da declaración como Ben de Interese Cultural deste complexo histórico. Entre eles, valiosas obras de arte en escultura, pintura, talla en madeira, restos arqueolóxicos, sepulcros, doelas: todo iso desde o século XI ata o século XX, rematando cun San Martiño de Francisco Leiro de 1991 e un Basallo tamén do mesmo ano. Pero só é unha pequena parte de todos os tesouros culturais que San Martiño Pinario ten. O DOG contempla que "a relación de bens mobles non é un conxunto pechado". A incoación do expediente sinala a obriga de elaborar un plan director do monumento que atenda á súa complexidade e que permita facer o inventario detallado dos obxectos preservados en San Martiño Pinario. O expediente sinala a existencia de incunables e patrimonio bibliográfico, instrumental cientÃfico, prelos históricos, roupas litúrxicas, unha colección musical de case 6.000 partituras ou mesmo unha botica enteira con toda a súa dotación. Todo iso deberá ser consignado e detallado para a súa posible incorporación futura ao catálogo de patrimonio moble de Galicia.
A resolución da Xunta tamén inclúe a delimitación do contorno de San Martiño para a súa protección, o da Catedral, a igrexa de San Francisco, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo Arcebispal de XelmÃrez, a Biblioteca Pública ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela.