O Museo de Melide fará doazón dunha valiosa talla de inicios do século XVII, pertencente ao antigo coro renacentista da catedral que no seu tempo substituiu ao coro pétreo do mestre Mateo. Hoxe en dÃa o coro está instalado en San Martiño Pinario, e faltan tres pezas, entre elas a talla da penitencia de Santo Domingo. PertencÃa ao médico odontólogo Ricardo GarcÃa Calvo, que o doara ao Museo de Melide coa condición de que a peza estivera exposta en Melide ata o seu falecemento e o da súa esposa. Unha vez finados os dous, o Museo de Melide comezou os trámites para restituir a peza ao coro da catedral. A vontade do museo é que "unha peza artÃstica debe estar no seu lugar de procedencia". O coro foi elaborado polos escultores Gregorio Español e Juan Davila e comezou a ser deseñado a finais do século XVI.