Os traballos de rehabilitación da Catedral de Santiago teñen un aquel de busca dun tesouro dentro doutro tesouro que dá os seus froitos na forma de auténticos descubrimentos de valor histórico e artÃstico. Ese é o caso das pezas inéditas que hoxe foron obxecto de presentación oficial na Sala de Armas do Pazo de XelmÃrez e que xa poden visitarse coa entrada ao Museo do templo. Nesta exposición preséntanse algúns dos achados arqueolóxicos máis relevantes, entre eles distintas pezas pertencentes ao proxecto do Mestre Mateo na catedral tales como relevos de torres, arcadas e plafóns do coro pétreo e tamén un novo conxunto escultórico de época medieval, absolutamente inédito, no que se desenvolve, en sucesivos relevos que aÃnda conservan restos de policromÃa, o relato da Matanza dos Inocentes. Asà mesmo, recuperáronse importantes pezas e restos arqueolóxicos reutilizados, como materiais construtivos e de recheo, nas diversas reformas que levaron a cabo nestes espazos. Segundo Javier Alonso de la Peña, arquitecto encargado do proxecto do templo, a súa colocación onde foron atopadas corresponde ao século XVII, momento que coincide coa retirada do coro pétreo na catedral.
Foi durante os traballos levados a cabo entre 2017 e 2021 no programa de restauración na monumental escalinata barroca de acceso á portada occidental da catedral e na chamada Cripta do Pórtico da Gloria ou "Catedral vella", situada nos cimentos do propio Pórtico cando se descubriron estas novas pezas que, como indicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, "eran usadas como escombro, alà tiradas". O alzamento e substitución do pavimento permitiu este achado, que xa viña precedido doutros descubrimentos anteriores que animaron a levar a cabo un levantamento con fins arqueolóxicos dese pavimento, malia que o resultado final foi inesperado ante a importancia das pezas reveladas. A exposición, como se apresurou a asegurar o director de la Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, non ten carácter permanente senón que é unha primeira divulgación dunhas pezas que deberán ser posteriormente obxecto de estudo desde unha perspectiva interdisciplinar cara a súa conservación e mellor coñecemento todo vez que sobre estas pezas hai moitas "dúbidas". As pezas están arestora colocadas sobre paneis re utilizados do anterior sistema de protección usado para o Pórtico da Gloria.