A Fundación Caixa Galicia financia a recuperación do coro lígneo da Catedral

Resucitar o coro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro 25 de xullo o coro lígneo da catedral de Santiago lucirá na tribuna alta de San Martín Pinario. E isto é posible grazas a un proceso de restauración que durou dous anos e que tivo un custe de 55.000 euros. O coro lígneo creouse para substituír ao coro de pedra feito polo Mestre Mateo e que se situou nos primeiro tramo da nave central da Catedral de Santiago até 1943. Foi nesa data cando se trasladou a San Martiño Pinario e logo ao mosteiro de Sobrado. En 1999 soaron as alarmas polo seu pésimo estado de conservación, pero non foi até hai oi 2002 cando se iniciaron uns traballos que financiou Caixa Galicia.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Fundación Caixa Galicia, San Martiño...