A Xunta renovará o discurso expositivo do Museo de Belas Artes con novos fondos do Prado

A remodelación chega tras unha xuntanza co Ministerio pola marcha de dez obras de Carducho

15/7/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces
Todo comezou co anuncio de que nove lenzos de Vicente Carducho, que se exhibían en préstamo no Museo de Belas Artes da Coruña, regresarían ao mosteiro do Paular. Un feito que motivou unha xuntanza entre unha delegación galega (liderada polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela) e responsables madrileños (a directora xeral de Belas Artes e Bens Culturais do Ministerio de Cultura, Ángeles Albert, e o director do Museo do Prado, Miguel Zugaza). Ao final os cadros en cuestión volverán ao seu destino orixinal, pero o centro coruñés suplirá ese baleiro con dez obras do Museo do Prado. Iso irá paralelo a unha remodelación do discurso expositivo do centro. No conxunto que será traspasado, destaca o cadro os Xogadores de naipes de Theodor Rombouts, que permite introducir no museo unha nova temática no museo: a da pintura de xénero.

Universo culturagalega.gal