Medalla de Ouro das Belas Artes para a Coral Polifónica de Pontevedra

A Real Academia recoñece así á formación que celebra este ano o seu centenario

26/3/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra

A Real Academia Galega de Belas Artes ven de outorgar a súa Medalla de Ouro "Marcial del Adalid" á Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, celebrando o centenario da súa fundación. A RAGBA recoñece nesta agrupación musical a "traxectoria acreditada dun século de actividade artística do máis alto nivel". Este galardón é o primeiro de ámbito galego recibido pola coral nos seus cen anos de historia.

A Coral celebrará o vindeiro día 9 o concerto do centenario, na data que coincide co primeiro recital da formación e tamén no mesmo espazo, a igrexa de San Francisco. No marco desta conmemoración, o 'Museo de Pontevedra acolle a exposición Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, cen anos de música coral en Galicia'.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ouro, Belas Artes, Marcial...