A Real Academia de Belas Artes entrégalle á coral Casablanca a súa Medalla de Ouro

Recoñece a súa traxectoria e a súa calidade artística

2/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Levan máis de 55 anos enriba dos escenarios, percorrendo todas as variedade da música coral. A súa traxectoria, máis a profesionalidade coa que asumen cada concerto, fíxoos merecedores da Medalla de Ouro (que leva o nome Marcial del Adalid) da Real Academia Galega de Belas Artes nosa señora do Rosario. A coral Casablanca recibiu esta fin de semana a distinción que concede a formacións que “veñen contribuíndo ao auxe e esplendor artístico musical de Galicia, cunha consolidada traxectoria histórica e unha recoñecible calidade artística”, como figura no web da propia Academia. A coral suma un novo recoñecemento ao seu haber, no que tamén difugran a Medalla do Festival Celta de L´Orient (Francia).

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ouro, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Marcial...