Falece o compositor Francisco Rey Rivero

Foi un destacado promotor das corais no noso país

23/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Considerado un dos principais impulsores do canto coral en Galicia, o compositor Francisco Rey Rivero falecía onte aos 83 anos de idade. No seu haber deixa o ter fundado agrupacións como a coral Casablanca, a Ureca ou a do Club Náutico de Vigo. Canda a isto, é autor dalgúns dos temas máis populares neste estilo, con temas como Perla antillana ou La sirena. O seu traballo valeulle premios como a medalla da Academia Galega de Belas Artes ou o premio Reconquista de Vigo, entre outros recoñecementos.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Belas Artes

Claves

Conceptos
Lugares