O Parlamento de Galicia dá a coñecer a súa colección de arte

A publicación dun catálogo quere ser o primeiro paso dunha estratexia de divulgación deste patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Parlamento de Galicia dá a coñecer a súa colección de arte

Colección de arte. Parlamento de Galicia é o título do catálogo que dá conta da extensa colección de pezas que atesoura esta institución. O presidente da cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentaba onte o volume que recolle "unha das máis variadas e valiosas coleccións de arte galega contemporánea". A institución conta con máis de 300 obras que inclúen sobre todo pintura e escultura pero que tamén comprende fotografías, documentos, reposteiros, vidreiras ou medallas. Datadas entre o século XX e o XXI, parte das mesmas son propiedade da Cámara e outras atópanse en depósito. O catálogo está dispoñible en liña.

Segundo adiantou Santalices, o catálogo presentado fai parte dunha "estratexia máis ampla que inclúe a catalogación, xestión, ordenación e conservación da colección seguindo criterios museísticos, labor para a que a Cámara conta co asesoramento da Real Academia Galega de Belas Artes", segundo adianta o web do Parlamento.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cultura na paisaxe

A cultura na paisaxe

O Catálogo da paisaxe do Deza permítenos coñecer polo miúdo elementos culturais desta comarca

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Parlamento de Galicia, Belas Artes, Real Academia Galega de Belas Artes