A cultura na paisaxe

O Catálogo da paisaxe do Deza permítenos coñecer polo miúdo elementos culturais desta comarca

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A cultura na paisaxe

No marco da Estratexia da Paisaxe de Galicia, o pasado mes de febreiro saía á luz o Catálogo da paisaxe do Deza. O documento , primeiro dos 50 deste tipo que se farán no marco desta actuación, verifica a multiplicidade de ámbitos aos que afecta esta estratexia. O texto, dispoñible na rede realiza un achegamento exhaustivo a esta comarca e se converte nun documento de grande interese para coñecer os seus elementos culturais. Achegámosche algúns dos documentos sobre estas cuestións que fan parte do catálogo.

Actualmente en proceso de exposición pública, o texto achega, no ámbito máis estrictamente cultural e etnográfico, unha análise sobre a tipoloxía de vivenda da zona, a súa localización e materiais e presenta exemplos destacados, como as casas vencelladas á vía ferroviaria ou o poboado mineiro de Fontao. Tamén se fai un repaso de pontes, pontellas, lavadoiros ou muíños da zona, e sinálanse espazos comunais como pendellos, campos de festa ou adros, repasando tamén os seus tipos e pondo exemplos. Canda a isto, o Catálogo recolle cuestións como ditos populares, referencias literarias sobre a zona, camiños ou toponimia, así como un listado de elementos patrimonais protexidos sons algúns dos contidos que recolle.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Deza, Muíños, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)