O Verbum ampliará o seu servizo de préstamo de BDs cun catálogo on line

Comicteca On line

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os fondos de banda deseñada que están dispoñibles no Verbum-Casa das Palabras de Vigo non paran quedos. O museo anuncia que en breve porá a disposición dos usuarios a posibilidade de consultar en liña o catálogo completo de material dispoñible. Desde hai tres anos, esta institución foi reunindo unha colección de obras que suman na actualidade arredor de 600 volumes, con presenza de traballos galegos e portugueses. O éxito do que era unha actividade de verán animou aos organizadores a contar cunha sala permanente dedicada á BD na que os usuarios dispoñen de servizos de préstamo quincenal. Desde a institución anuncian a súa intención de seguir traballando no campo da novena arte.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Verán de BD no Verbum

O museo vigués activa a súa comicteca e programa a mostra Dez anos de BD

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Verbum, Banda deseñada, Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares