Afundación presenta o seu plan estratéxico

A formación e o envellecemento activo preséntanse como principais eixes

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación), presentaba onte o seu Plan estratétixo para o período 2015-2019, para o que contará con 125 millóns de euros. Segundo adiantou Miguel Ángel Escotet, presidente da entidade, a formación orientada á empresa e á innovación será un dos eixes fundamentais de traballo, e completarase con propostas extracurriculares vencelladas á cultura para etapas infantís e xuvenís. Outra grande liña de acción centrarase no envellecemento activo, para o que se promoverán programas de voluntarido entre os máis maiores e se desenvolverán propostas de cara a mellorar a comunicación interxeracional.

En canto á programación estritamente cultural, Afundación asegura que promoverá "unha actividade que axude a fomentar o coñecemento e o desenvolvemento persoal", na que se primará "a calidade fronte á cantidade". O traballo de artistas galegos e a colección de obras de arte da propia entidade preséntanse como protagonistas destacados neste ámbito.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación

Claves

Entidades