A Fundación Novacaixagalicia contará con 31 millóns o vindeiro ano

Os fondos distribuiranse entre os diferentes programas sociais e culturais da entidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Nun orzamento que, segundo a entidade, segue a liña dos últimos anos, a Fundación Novacaixagalicia contará o vindeiro ano con 31 millóns de euros para o seu funcionamento. Estes fondos distribuiranse entre o programa cultural e os de atención social e á terceira idade ademais de en iniciativas de fomento do emprego e apoio ao terceiro sector, segundo adiantou a fundación. De xeito paralelo, e segundo lembra hoxe El Ideal Gallego, non se prevé que a adquisición de Novagaliciabanco por Banesco inflúa na situación dos fondos artísticos desta entidade, en proceso de declaración como Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural

Claves