A Asociación Buril dá por finalizados 36 anos de activismo cultural

O concello de Burela custodiará os fondos documentais da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cartel de Xosé Vizoso para Buril

Cartel de Xosé Vizoso para Buril

Logo de non conseguir relevo para a súa directiva, a Asociación Buril, histórica entidade da cultura de base burelá, anunciaba a pasada semana a súa disolución. O Concello acordou facerse cargo dos fondos documentais da asociación, nada hai 36 anos, e xestionalos desde a biblioteca e o arquivo municipais. Os fondos económicos da entidade, pola súa banda, distribuiranse entre entidades de carácter social como a Asociación Camiña ou a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental.

Segundo repasa a entidade no seu blog, Buril mantivo "unha programación continuada entre os anos 1984 e 2016, con momentos de maior actividade e con algunha pausa puntual froito do relevo na súa xestión". Entre os fito da súa historia, destacan a publicación da revista O Trasno (1985 - 1990), as Xornadas de Teatro (1987 a 1998), o proxecto Burela na memoria, o festival Pataca ou as Xornadas de Historia Local entre outras.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Burela, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos