A Deputación de Lugo abre axudas a entidades culturais por 638.000 euros

Os fondos apoiarán actividades de 44 asociacións e colectivos de base

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Área de Cultura, Patrimonio e Normalización Linguística da Deputación de Lugo anunciou que axiliza as axudas para entidades culturais en resposta á actual crise pola Covid-19. Os 638.000 euros xa previstos no orzamento comezarán a se tramitar nestes días para que 44 entidades e asociacións culturais poidan presentar as súas propostas. Segundo recolle a entidade provincial, estes fondos apoiarán actividades da Asociación de Gaiteiros Galegos, Lugo Patrimonio e Mariña Patrimonio, O Teixo de Piornedo, Amigos do Folión de Chantada ou a Asociación de Veciños María Castaña da Pobra de Brollón entre outras.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Asociacións, Covid, Asociación de veciños María Castaña...