A Deputación da Coruña ven de crear unha nova liña de axudas para asociacións profesionais dos distintos sectores da cultura. As entidades poden acceder á este apoio de financiamento para o desenvolvemento das súas programacións. O orzamento da convocatoria que xa está no BoletÃn Oficial é de 200.000 euros e as axudas poderán ser de até 30.000 euros. As axudas da área de Cultura do ente provincial dirÃxense ás distintas entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva, a nivel galego, das persoas e ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais da cultura galega. Asociacións de actores e actrices, de escritoras e escritores, de compañÃas teatrais, ou de produtoras audiovisuais que agrupen profesionais e agrupacións dos distintos sectores poderán acceder a elas.
Son obxecto do programa de subvencións actividades como a convocatoria e desenvolvemento de certames, premios ou concursos. actividades de carácter formativo, elaboración, edición e difusión de contidos culturais de posta en valor do propio sector: libros; revistas, discos, filmes, exposicións...; traballos e actividades culturais de investigación, formación, análise ou debate ou actividades de posta en valor e difusión do patrimonio cultural material e inmaterial e de dinamización.