O Arquivo da Emigración Galega fixo pública na páxina web do Consello da Cultura Galega a dixitalización dunha boa parte dos fondos da vida orgánica da Sociedade de Instrución Unión Barcalesa, nacida na Habana en 1907 co obxectivo de fundar escolas na súa terra natal. A entidade construÃu e financiou ao longo da súa vida catro escolas: Covas (1921), Aro (1926), a Casa-Escola de Broño (1969) en Negreira, e a Casa-Escola de Seoane (1932). Boa parte dese proceso e o resto das accións da entidade recóllense nos libros de actas das xuntas directivas, das asembleas de socios, da caixa económica, do panteón e na correspondencia recibida. O acceso a estes fondos é libre e aberto no web do Consello da Cultura Galega. Coa dixitalización dos fondos da Unión Barcalesa o Arquivo da Emigración Galega (AEG) dá inicio ao programa "Memoria documental das sociedades da emigración galega", unha iniciativa do para divulgar os fondos que custodia sobre diferentes entidades asociativas da diáspora galega e facilitar asà a súa consulta e preservación.