Fillos.org liquida os seus proxectos na rede

A entidade procura "outras entidades ou particulares capaces de xestionalos e melloralos"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Persoas a título individual ou entidades públicas ou privadas, comerciais ou non lucrativas poden optar a se facer cargo dalgúns dos múltiples webs que a Asociación Fillos de Galicia mantivo ata o de agora en Internet. Segundo publica o colectivo no seu web, a falta de fondos e mais a ausencia de persoas dispostas a coller a dirección deste proxecto levounos a liquidar webs como Fillos.org, Galeguidade.net ou Redegalega.org, e busca traspasalos "a outras entidades ou particulares capaces de xestionalos e melloralos". O prazo para enviar solicitudes está aberto ata o vindeiro 14 de marzo. A asemblea da asociación decidirá sobre esta iniciativa o día 31 do mesmo mes.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet

Claves

Conceptos