Unha selección de propostas relacionadas coa historia, a memoria popular ou a creación de arte con Ferrol como eixo principal e elaboradas por diferentes entidades da comarca. Esta é a proposta de Cóntame Ferrol, o web que presentaba este 23 de decembro o Concello da Cidade Departamental e que compila un total de 25 propostas, "entre as que se poden atopar blogs, webs, varias publicacións e formatos audiovisuais e sonoros. Todas elas foron impulsadas dende o movemento veciñal, entidades privadas e públicas ou persoas a tÃtulo individual", explica a presentación do proxecto.
Este web complementouse con obradoiros orientados á formación da sociedade civil no campo da creación dixital, e inclúe como resultado deses traballos o Mapa da Memoria de Ferrol. É este un "percorrido dixital pola memoria veciñal, industrial e dos lugares dende a perspectiva dos participantes" que crearon varias rutas documentadas con contido fotográfico e audiovisual. Cóntame Ferrol atópase aberto a novas incorporacións, que desde a ConcellarÃa de Cultura agardan sexan numerosas.
Iniciativas como Ferrol rebelde, Os maios de Canido, Asà soa Ferrol, a radio veciñal Unha tarde no muÃño, a revista Atenea ou o relato popular da Batalla de Brión son algúns dos contidos que fan parte da nova proposta.