"Un inventario web de propostas artÃsticas activas que desenvolven entidades e asociacións galegas para traballar a inclusión de persoas con diversidade funcional e/ou outras capacidades", esta é a proposta de Somos inclusión, iniciativa que se presentaba este 29 de marzo co apoio da Deputación da Coruña. Propostas de teatro, música, danza, artes plásticas ou visuais e moitas outras concéntranse neste espazo na rede que promoveu a cooperativa Artefeito e que ten "a finalidade última de contribuir a unha inclusión plena e real".
O proxecto, que se irá actualizando con novas propostas, quere axudar "a abrir novos ámbitos de relación coa creación artÃstica, novos espazos de crecemento colectivo e novas programacións culturais máis amplas, igualitarias, diversas e inclusivas". Ademais de propostas creativas desenvolvidas desde o ámbito da diversidade funcional, o catálogo achega tamén información sobre 33 entidades que promoven este tipo de iniciativas.