Dezasete fundacións e entidades literarias galegas veñen de instar ao Goberno español nunha declaración pública a que o Executivo estatal inclúa a Galicia como membro asociado da UNESCO (Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) , tal e como anunciou que ía facer con Euskadi e Cataluña. O conselleiro de Presidencia da Xunta, Diego Calvo, declarou a preguntas da prensa o pasado mes o desinterese do goberno galego por esta inclusión alegando sentir xa representado ao país pola presenza de España no organismo.
Subscriben este comunicado fundacións literarias como Fundación Eduardo Blanco Amor; Fundación Eduardo Pondal; Fundación Manuel María; Fundación Novoneyra; Fundación Rosalía de Castro; Fundación Xosé Neira Vilas e outras asociacións e entidades como a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán; Casa Natal de Otero Pedrayo e Vicente Risco; Fundación Margarita Ledo Andión. Casa da Galería ou Asociación Évame Oroza, entre outras.
As entidades asinantes do comunicado entenden que "Galicia, como comunidade cultural e lingüística singular e diferenciada, debe ter presenza específica na UNESCO, exactamente igual e polos mesmos motivos que Cataluña e Euskadi". Instan a cidadanía e institucións a sumarse a esta reivindicación e engaden que a ausencia de Galicia como aspirante a membro asociado "constitúe unha inaceptable discriminación". Segundo estas fundacións, "Galicia, ao igual que Cataluña e Euskadi, é unha comunidade autónoma coa consideración constitucional de nacionalidade histórica e non existe causa ningunha para que non se beneficie desa probable incorporación. A ausencia de Galicia como aspirante a membro asociado constitúe unha inaceptable discriminación".