O Goberno Central e mais a Xunta de Galicia acordaron o "aprazamento estratéxico" da presentación da Ribeira Sacra ante a UNESCO para ser declarada como Patrimonio da Humanidade. A iniciativa, que o Consello do Patrimonio Histórico Estatal acordara elevar a consideración do organismo internacional este mesmo ano, demórase agora sen previsión dunha nova data para "fortalecer aÃnda máis a candidatura atendendo ás avaliacións e os informes de Icomos, organismo asesor da Unesco, no menor prazo posible". Asà o explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, logo da reunión que mantivo este 3 de xuño co o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, a sinalar que a decisión foi "compartida".
Entre os motivos para este aprazamento está, segundo RodrÃguez, a acumulación de candidaturas que se produce ante o organismo internacional logo de que en 2020 non se reunise o Comité do Patrimonio Mundial que selecciona os bens que obteñen estes recoñecementos. A situación levou a que España sumase, de cara a esta xuntanza do Comité, a candidatura do Museo do Prado, que se Ãa debater no pasado ano, á galega, prevista xa inicialmente para 2021. O conselleiro tamén aludiu a que o alto número de bens que contan con esta declaración a nivel estatal supón unha maior dificultade, xa que o organismo internacional "está endurecendo as súas medidas e é cada vez máis estrito e rigoroso dando prioridade aos paÃses con menos bens declarados".
"Severas discrepancias" con Icomos
O embaixador ante a UNESCO recoñeceu que existen "severas discrepancias" do Goberno Central e da Xunta co informe que presentou Icomos, organismo asesor da UNESCO neste campo, sobre a proposta galega. Segundo apuntou Perelló, "a candidatura ten calidade e ten densidade, está ben establecida pero o órgano avaliador discrepa, e agora non dispomos, antes da reunión do Comité, de tempo apra establecer modificacións. Entón aprazala para que non chegue a este comité e chegue a outros é o máis axeitado".
O embaixador adiantou que se abrirá agora un perÃodo de diálogo entre as administracións responsables para definir cando se retoma esta proposta xa que, segundo asegurou, "o importante é chegar, non cando". Ao seu ver "o aprazamento permitirá reanudar o diálogo co órgano avaliador e demostrarlle aqueles aspectos que poidan ser confusos ou que ao noso xuÃzo non foron ben valorados", asà como "demostrar aquilo no que estamos en desacordo ou corrixir aquelas indicacións que sexan corrixibles".
O impacto dos encoros e da desamortización
Román RodrÃguez pola súa banda recoñeceu que o informe do Icomos sobre a candidatura galega "recomenda facer unha serie de axustes sobre a incidencia das presas" dedicadas á produción eléctrica "na paisaxe". Ademais, convida ao Goberno Galego, que impulsa a candidatura, a facer "unha reflexión sobre a sacralización do territorio despois da desamortización", un proceso que supuxo o abandono dun alto número dos cenobios existentes na zona.
A Xunta destacou que resulta "normal e habitual nas candidaturas que compiten por ser declaradas Patrimonio da Humanidade" este tipo de atrasos. "Estou seguro de que estamos preto de conseguilo e por iso desde a Xunta non só manteremos os investimentos previstos, senón que os incrementaremos para continuar poñendo en valor e garantindo a protección do conxunto deste territorio", segurou RodrÃguez.