Unha selección de 66 obras da colección da Fundación Novacaixagalicia de arte pode verse desde onte no seu centro social de Vigo. Esencia dunha colección. Fundación Novacaixagalicia abre con carácter permanente e pretende achegar á sociedade o sentido dos fondos que atesoura esta entidade mediante unha selección que percorre a historia da arte en Galicia desde o Romanticismo ata a actualidade. Autores como Castelao, Soutomayor, Colmeiro, Laxeiro ou Maside fan parte do proxecto. A coincidir coa inauguración, Pedro Otero, xerente da fundación, lembrou que os fondos da entidade, actualmente en proceso de declaración como Ben de Interese Cultural, están valorados en 36 millóns de euros. Asimesmo, desmentiu que se teña decidido que sexa Vigo a sede permanente destes bens.