Vigo taxa o seu patrimonio artístico e cultural en 26,6 millóns de euros

Os fondos inclúen coleccións de arte, bens arqueolóxicos e cesións ao concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As seis coleccións de arte e patrimonio cultural que o Concello de Vigo ten adscritas á concellería de Cultura posúen un valor de 26,6 millóns de euros. Cando menos así o estima a taxación que se realizou de cara á vindeira contratación dun seguro para estes bens. Dos fondos contemplados, que segundo recolle Atlántico Diario suman máis de 9.600 pezas, é a colección de arte galega a que suma unha maior contía económica, con 14,2 millóns. Os fondos arqueolóxicos, valorados en 7, a colección Luis Torras, cun peso de 2,4 e a colección de fotografía, taxada en 1,8, son as seguintes máis valoradas. Ségueas o Comodato Colmeiro, cifrado nun millón de euros, e a colección Fernández del Riego, que segundo esta análise vale 305.000.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Fotografía, Concello de Vigo, Atlántico...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares