O conxunto das coleccións do patrimonio cultural do Concello de Vigo ten un valor económico de 26,6 millóns de euros, Asà o informa hoxe o xornal La Voz de Galicia , remitÃndose ao último seguro contratado polo Concello vigués. O periódico achega a lista detallada das tasacións efectuadas sinalando como peza máis valiosa das coleccións municipais un cadro do artista francés Fragonard titulado "Niobe", do século XVIII, cuxo valor é de 400.000 euros a efectos do seguro. Os milleiros de pezas da valoración inclúen tamén algunhas de valor arqueolóxico pero é a colección de arte, distribuÃda entre os distintos museos e espazos municipais, a que reúne máis valor económico, chegando aos 14, 2 millóns de euros. O fondo de arte fotográfico está valorado en 1,7 millóns de euros. A Colección Francisco Fernández del Riego, composta de obras doadas polo galeguista acadou unha valoración de 300.000 euros. Consta de más de 150 pezas e nela destacan os cadros 'Feira de San Roque', de Colmeiro, con 27.000 euros, e 'Nús', de Isaac DÃaz Pardo, de 24.000 euros.