O Museo de Pontevedra alberga coleccións por 158 millóns de euros

A Deputación contratou o seguro polo patrimonio depositado nos diferentes edificios

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo de Pontevedra suma coleccións por valore de case 158 millóns de euros, segundo o valor de tasación establecido para o cálculo do seguro que a Deputación contrata para a protección dos espazos. Destes 158, é a colección de escultura, con case 9 millóns de euros, e a de pintura e debuxo, con case 31 millóns de euros, as máis relevantes. Os obxectos arqueolóxicos acadan un valor superior aos cinco millóns e as pezas de artes decorativas en 713.080 euros. Na colección en reserva do edificio Castelao, o que custodia os obxectos de maior valor, as obras da autoría de Castelao acadan os 25 millóns de euros e as esculturas acadan os 11 millónsd e euros. O edificio con máis obxectos de valor é o que hoxe reúne boa parte das visitas, o edificio Castelao, con 93 millóns, mentres o Fernández López ten obxectos valorados en 44 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Museo de Pontevedra, Debuxo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares