A colección propia do CGAC ten un valor de sete millóns e medio de euros

Cátering Almirez faise cargo da cafetaría do centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Centro Galego de Arte Contemporánea manexa obras por valor de 15.8 millóns de euros. Dese total, as 1.300 pezas da colección propia teñen un valor de 7.433.375 euros, mentres que os fondos que alberga (colección Ordóñez Falcón e a colección ARCO) supoñen uns 6.358.121 euros. Os dous millóns de fondos restantes correspóndese ao valor doutros fondos que chegan ao centro con carácter temporal, como as exposicións. A cifra saíu á luz no marco dun proceso rutinario administrativo publicado no Diario Oficial das Comunidades Europeas, como é o concurso público para adxudicar o seguro da obra que manexa o CGAC. Entre outros procedementos adxudicados está a cafetaría do centro, que pasa agora a mans de Cátering Almirez. Este servizo levaba pechado desde setembro, ao rescindir o contrato a sociedade anterior.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)