A fotografía contemporánea entra no CGAC da man da Colección Ordóñez-Falcón

O CGAC e a Barrié incrementan os seus fondos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A fotografía contemporánea entra no CGAC da man da Colección Ordóñez-Falcón

O CGAC xa quixera mercar hai un tempo unha fotografía feita por Marina Abramovic. Sen embargo, o seu alto prezo fixo que desistira no seu empeño. A imaxe foi mercada por Enrique Ordóñez e Isabel Falcón, que teñen a colección máis importante da península, e quixo a casualidade que a de Abramovic é unha das duascentas vinte pezas que esta parella acaba de deixar en depósito no Centro Galego de Arte Contemporánea. Un feito que lle permitirá ao centro programar exposicións de pezas nunca expostas ata o de agora e continuar esa liña de traballo relacionada coa fotografía. Por outra banda, a Fundación Barrié anuncia que incrementa a colección iniciada o pasado mes de febreiro con catro obras mercadas na feira de arte de Basilea.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Feira, Exposicións, Fundación Barrié...