A Fundación María José Jove abre a súa exposición permanente

A entidade amosa 115 obras de arte en dez salas da súa sede coruñesa

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Unha selección de 115 obras da colección da Fundación María José Jove compoñen a exposición permanente que esta entidade inauguraba onte na súa sede da Coruña. Susana González comisariou esta mostra que, ao longo de dez salas, percorre cronoloxicamente obras desde o século XIX ata a actualidade a convidar a unha reflexión sobre a migración e o exilio a partir da experiencia de moitos dos artistas representados. Picasso, Castelao, Miró, Luís Seoane, Kandinsky ou Ángela de la Cruz son algúns dos nomes presentes nun proxecto que chama a explorar ideas de "migración, desprazamento, tránsito, fronteira, liñas divisorias e a idea da identidade culto", segundo adianta o web da propia Fundación.

En paralelo a esta mostra, a Fundación pon en marcha un programa de visitas didácticas e escolares orientadas tanto a público infantil como adulto. As visitas son gratuitas previa confirmación na propia fundación.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Picasso, Luís Seoane, Castelao, Identidade

Claves

Conceptos