A colección de arte da Fundación María José Jove pasa a ser museo

A Xunta aprobou a súa integración no Sistema Galego de centro museísticos

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:
"Labrega con neno" Alfonso R. Castelao, 1914. Fondos da Colección Fundación María José Jove

"Labrega con neno" Alfonso R. Castelao, 1914. Fondos da Colección Fundación María José Jove

O Consello da Xunta deu onte luz verde ao proxecto de acordo polo que se crea e cualifica como museo a colección de arte da Fundación María José Jove. A colección de arte da Fundación María José Jove iniciouse na década dos 90 do pasado século pola familia Jove, á que pertence. Concretamente, foi Manuel Jove Capellán (1941-2020) quen comezou a interesarse pola arte. Actualmente atópase en depósito permanente na propia Fundación María José Jove, no concello da Coruña, pezas ás que se suman as adquiridas directamente pola propia fundación. A colección conta con máis de 600 obras de gran valor artístico, tanto de artistas galegos como de artistas nacionais e internacionais e está composta maioritariamente por obra pictórica, a que se completa cun importante número de obra escultórica, xunto con debuxos, gravados, fotografía e instalacións.

Este acordo supón favorecer a súa protección e difusión, así como a apertura e accesibilidade a toda a cidadanía. Deste xeito, o futuro museo integrarase no Sistema galego de centros museísticos, do que forman parte na actualidade un total de 87 centros, dos que 67 son museos e 20 son coleccións museográficas. Isto permitiralle acceder a liñas de axuda públicas, participar en accións formativas de interese para a súa actividade, ter prioridade en accións colaborativas ou en actividades itinerantes, solicitar asesoramento técnico e potenciar a súa difusión a través do portal de Museos de Galicia e as relacións que estableza con outros museos e coleccións museográficas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Concello da Coruña, Museos, Sistema Galego de Centros Museísticos...