A Fundación Jove exhibe un percorrido polos artistas galegos e españois dos seus fondos

Selección dos fondos

“Itinerarios artísticos” é o nome da exposición que recolle unha selección dos fondos que posúe a Fundación María José Jove a través do que fai un percorrido polos artistas galegos e españois do século XX. Unha mostra comisariada por Mercedes Rozas e que se poderá ver en Santiago (Museo do Pobo), Pontevedra (Museo Provincial) e Ourense (no Centro Cultural da Deputación). A exposición exhibe 59 pezas de 52 artistas entre os que se inclúen Ramón Casas, Laxeiro ou Díaz Pardo ou membros da xeración Atlántica como Lamazares ou Menchu Lamas. Ademais dos cadros, tamén se poderán ver unha serie de radiografías feitas ás obras que permiten descubrir misterios ocultos.

Mais información en La Voz de Galicia ou no web da Fundación María José Jove