Familia e Educación poñen en marcha un programa para ensinar aos rapaces a solucionar os seus problemas

Solucionando xuntos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Oito institutos de Galicia desenvolverán unha iniciativa piloto para educar aos rapaces a solucionar os seus problemas entre eles. As Consellarías de Familia e Educación e a Fundación María José Jove son as entidades encargadas de poñer en marcha “Solucionando xuntos”, un proxecto que se levará ás aulas de secundaria obrigatoria e postobrigatoria a partir do vindeiro curso. O programa deséñase en tres etapas: a primeira encárgase da sensibilización, a segunda da selección dos mediadores e a terceira é a da formación de alumnos e docentes que comezarán a facer o seu traballo a partir de febreiro do 2006.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión e no web da Fundación María José Jove

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Secundaria, La Opinión, La Voz de Galicia