Os alumnos repetirán curso con tres ou catro materias pendentes dependendo do que decidan os docentes

Despois da LOCE chega a LOE

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Ministra de Educación, María Jesús San Segundo, presentou onte as principais novidades do anteproxecto de Lei Orgánica de Educación (LOE) que prepara a súa carteira. Entre elas destaca que durante a etapa de formación secundaria obrigatoria os alumnos pasarán por dúas avaliacións, unha aos dez anos e outra aos 14. Será aí cando con tres materias suspensas serán os centros os que deciden que alumnos pasan de curso, con clase de apoio ou reforzo e quen repite. Con catro repiten todos. Entre outras novidades, a materia de relixión seguirá sendo voluntaria e non entra do cómputo nin das bolsas nin do expediente. Pola súa banda, Celso Currás (cómpre lembrar que é una competencia cedida ás comunidades) asegura que non é un texto malo, mentres que o BNG a rexeita porque considera que non contempla grandes cambios.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Secundaria, La Opinión, BNG...